Friday 26 de April de 2024

O Concello contactará co goberno canario para coordinar unha liña de axuda tras a catástrofe de La Palma


· A rexedora, Sandra Insua, manifestará a posibilidade de “abrir unha conta para que cadaquén realice as súas doazóns” ou, no caso de xa existir, “poder sumarnos e difundila para toda a nosa veciñanza”.

O Concello de Camariñas contactará co goberno canario para coordinar unha liña de axuda tras a catástrofe de La Palma, onde o volcán Cumbra Vieja entrou en erupción e todavía continúa a provocar uns danos que afectan a centos de persoas.

A rexedora camariñana, Sandra Insua, manifestará a posibilidade de “abrir unha conta para que cadaquén realice as súas doazóns”, ou, no caso de xa existir, “poder sumarnos e difundila para toda a nosa veciñanza”.

Con esta proposta, a idea do goberno local é a de total colaboración coas persoas afectadas por esta catástrofe natural e poder así “contribuír a paliar, na medida do posible, os efectos do volcán nesta illa do arquipélago canario” manifestaron desde o executivo.